Imagen antigua en blanco y negro, de la sección de fruta y verdura de Mercadona.

Historia

2023

Máis de 100.000 traballadoras e traballadores.

Dende 2016, Mercadona investiu máis de 10.000 millóns de euros na brutal transformación.

2022

Volver a dicir si á estratexia Totaler Radical, ofrecéndolle ao “Xefe” a posibilidade de acertar con produtos dunha calidade contundente.

Posta en marcha do almacén de frío do bloque loxístico de Parc Sagunt (Valencia), que estará totalmente operativo en 2025.

2021

Compromiso coa calidade contundente por parte de todos os departamentos de Mercadona. Finalización da implantación do Modelo Tendas 6.25 para a redución de plásticos e xestión do seu residuo. Inauguración dos centros de Innovación de Vila do Conde (Porto) e Lisboa.

2020

Nun ano tan duro, o conxunto de persoas excepcionais que forman o Proxecto Mercadona contribúe a lograr a mellor xestión da historia da compañía. E continúa a Estratexia 6.25 para a redución do plástico e xestión de residuos.

2019

O proxecto de internacionalización convértese en realidade coa apertura da primeira tenda en Portugal.

2018

Lanzamento en València do novo servizo de venda en liña. Implantación da nova sección de “Listo para Comer”. Evolución do Modelo Provedor cara ao Provedor Totaler co obxectivo de continuar sendo a mellor opción para “O Xefe”. Sinatura do Convenio Colectivo de Empresa e Plan de Igualdade 2019-2023.

2017

Desenvolvemento da estratexia Frescos Global para impulsar e modernizar as novas seccións de frescos. Adquisición de parcelas para o novo bloque loxístico de Parc Sagunt en Sagunt (Valencia). Inicio do proxecto de transformación dixital da man da compañía tecnolóxica SAP.

2016

Aproba iniciar o seu proxecto de internacionalización coa entrada en Portugal. Inaugura os dous primeiros supermercados co Novo Modelo de Tenda Eficiente, situados en Puerto Sagunto (Valencia) e na localidade de Peligros (Granada).

2015

Novo Centro de Formación e Servizos en Albalat dels Sorells (Valencia). O modelo de innovación radical de Mercadona é recoñecido internacionalmente.

2014

Abertura do supermercado 1.500, localizado na cidade de Santander, no barrio de Cazoña. Posta en andamento do novo Centro de Procesamento de Datos situado en Albalat dels Sorells (Valencia).

2013

Sinatura do Convenio Colectivo e Plan de Igualdade 2014-2018. Reinventármonos para ser máis tendeiros. Implantación de novas seccións de frescos. Iniciar o desenvolvemento da Cadea Agroalimentaria Sustentable de Mercadona. Inauguración do bloque loxístico de Guadix (Granada).

2011

Mercadona cumpre trinta anos dun modelo sustentable que pasa por facer crecer os cinco compoñentes da compañía. Iníciase o cobro de bolsas para adaptarse ao Plan Nacional Integrado de Residuos.

2010

Modelo de xestión de Recursos Humanos baseado no Liderado e a Cultura do Esforzo: chaves para ser unha empresa de alto rendemento e produtividade.

2009

Volvermos á sinxeleza para termos un catálogo eficaz facendo aquilo que engade valor para "O Xefe". Sinatura do novo Convenio Colectivo de Empresa e Plan de Igualdade (2010-2013).

2008

Realiñamento de Mercadona co Modelo de Calidade Total, quince anos despois da súa implantación. Carro Menú para ofrecer a "O Xefe" o carro da Compra Total de maior calidade e máis barato do mercado. Inauguración do bloque loxístico de Ingenio (Gran Canaria).

2007

Posta en andamento da primeira fase do bloque loxístico Almacén Siglo XXI de Ciempozuelos (Madrid). Cuarta empresa do mundo mellor valorada en reputación corporativa, de acordo co estudo do Reputation Institute de Nova York.

2006

Vixésimo quinto aniversario da compañía. Inauguración da tenda número 1.000 da compañía, en Calp (Alicante). Relanzamento da nova imaxe da Tarxeta Mercadona.

2005

Implantación do novo uniforme de Mercadona. Inauguración do bloque loxístico de Granadilla de Abona (Tenerife). Sinatura do novo Convenio Colectivo de Empresa para os próximos catro anos (2006-2009).

2004

Inauguración do bloque loxístico de Huévar (Sevilla) e do terceiro centro educativo infantil da empresa. O Comité de Dirección decide como norma xeral non abrir os supermercados os domingos.

2003

Primeira empresa en realizar unha Auditoría Ética. Inauguración do bloque loxístico de San Isidro (Alicante) e do segundo centro educativo infantil da empresa. Lanzamento da nova liña de perfume Hortensia H. Inauguración dun supermercado nas instalacións do Mercat de l'Olivar, en Palma de Mallorca.

2001

Inauguración do primeiro centro educativo infantil gratuíto para os fillos dos traballadores, no bloque loxístico de Sant Sadurní d'Anoia (Barcelona). Mercadona acada as 500 tendas na abertura do seu primeiro supermercado en Linares (Jaén).

2000

Construción do bloque loxístico de Sant Sadurní d'Anoia (Barcelona). Inauguración, en Massanassa (Valencia), da primeira Tenda por Ambientes. Celebración da primeira reunión de Interfornecedores. Sinatura do Convenio Colectivo de Empresa (2001-2005).

1999

Finaliza o proceso, iniciado en 1995, de converter en fixos a todos os membros do cadro de persoal, que neses momentos era de 16.825 traballadores. Inauguración do bloque loxístico de Antequera (Málaga). Iníciase o proxecto de novo deseño e modelo de perfumerías.

1998

Adquisición de Almacenes Paquer e de Supermercados Vilaró, ambos en Cataluña.

1997

Acordo de unión con Almacenes Gómez Serrano, Antequera (Málaga).

1996

Nacemento das marcas Hacendado, Bosque Verde, Deliplus e Compy. Abertura do supermercado número 200, en Segorbe (Castellón). Asínase o primeiro convenio de empresa para todos os traballadores.

1993

Implantación da estratexia comercial SPB (Sempre Prezos Baixos), que máis adiante derivará no Modelo de Calidade Total.

1992

Acádanse as cifras de 10.000 traballadores e 150 tendas.

1991

Adquisición de Dinos e Super Aguilar. Iníciase o Intercambio Electrónico de Datos (EDI) con fornecedores.

1990

Juan Roig e Hortensia Mª Herrero pasan a posuír a maioría do capital da compañía.

1989

Adquisición de Cesta de Distribución e Desarrollo de Centros Comerciales, que lle permite á compañía ter presenza en Madrid.

1988

Inauguración do bloque loxístico de Riba-roja de Túria (Valencia), pioneiro en España por estar totalmente automatizado. Adquisición de Supermercados Superette, que contaba con 22 tendas en Valencia.

1982

Primeira empresa en España en utilizar o escáner para a lectura do código de barras nos puntos de venda.

1981

Juan Roig e a súa dona, xunto aos seus irmáns Fernando, Trinidad e Amparo, mércanlle Mercadona ao pai. A empresa conta con 8 tendas de aproximadamente 300 m2 de sala de vendas. Juan Roig asume a dirección da compañía, que comeza a súa actividade como empresa independente.

1977

O matrimonio formado por Don Francisco Roig Ballester (1912-2003) e Dona Trinidad Alfonso Mocholí (1911-2006) inicia a actividade de Mercadona dentro do Grupo Cárnicas Roig. Daquela as carnicerías do negocio familiar transfórmanse en ultramarinos.