Ampliación do equipo para a campaña do verán 2024 en Mercadona

Mercadona inicia a contratación para a campaña do verán

04 de abril de 2024
  • O salario inicial é de 1.553 euros ao mes/brutos e reciben formación adaptada ao seu posto.
  • A compañía amplía o seu cadro de persoal de maio a setembro para responder á chegada de turistas e manter a excelencia no servizo.

Mercadona prevé contratar persoal para a campaña do verán de 2024, que arrancará en maio e finalizará no mes de setembro. O obxectivo é reforzar o seu cadro de persoal de máis de 100.000 persoas para garantir a excelencia do servizo en tendas e repartición a domicilio, nunha época que coincide coa chegada de turistas e coas vacacións do resto do persoal.

As ofertas de emprego están xa dispoñibles no seu Portal de Emprego para cubrir postos nalgúns supermercados de España. Nelas descríbense as condicións do posto, como unha retribución inicial de 1.553 euros ao mes brutos e que non se require experiencia previa, xa que quen se incorpora á compañía recibe formación específica adaptada a cada posto de traballo. Así mesmo, as novas incorporacións pasarán a formar parte dun equipo caracterizado por traballar en equipo, con vocación de servizo ao cliente e capacidade de mellora constante. 

Mercadona aposta fortemente polo conxunto das persoas que compoñen o seu cadro de persoal, e faino por medio dun lote de valor altamente competitivo que promove a estabilidade laboral, a defensa da igualdade e a diversidade, a conciliación, a formación continua e retribucións por enriba da media do sector.