Entrega da doazón ao Banco de Alimentos de Cáceres

Mercadona doa máis de 4.000 quilos de alimentos ao Banco de Alimentos de Cáceres

31 de maio de 2023
  • A compañía afianza a súa colaboración co Banco de Alimentos de Cáceres, entregando 4.300 quilos de alimentos de primeira necesidade como leite e arroz.
  • Mercadona apoia e colabora habitualmente con 17 comedores sociais de Extremadura, ademais de entidades como Banco de Alimentos e Cáritas.
  • En 2022 a compañía doou máis de 237 toneladas de alimentos de primeira necesidade tan só en Extremadura, un 36 % máis que en 2021

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, continúa reforzando o seu Modelo de Responsabilidade Social. Neste sentido, a compañía, que xa doou durante o ano 2022 máis de 237 toneladas de produtos de primeira necesidade a diferentes entidades sociais da rexión, fixo entrega ao Banco de Alimentos de Cáceres de máis de 4.000 quilos de alimentos de primeira necesidade, para dar resposta ás demandas das persoas máis necesitadas nesta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo.

Maribel Martín-Romo, directora de Relacións Externas de Mercadona en Extremadura, destacou que “esta colaboración reafirma o compromiso social da compañía e fainos sentir moi orgullosos de poder achegar a nosa pequena contribución a estas entidades, axudándolles a que poidan seguir desempeñando o seu labor de atención ás familias máis necesitadas”.

Por parte do Banco de Alimentos de Cáceres, o seu presidente, Juan Carlos Fernández, declarou que “agradecemos esta doazón e o contacto tan estreito con Mercadona, dende hai varios anos. Desta forma, preténdese dar resposta ás demandas das persoas máis necesitadas, nesta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo”.

Dende o Banco de Alimentos agradeceron esta doazón e o contacto “tan estreito coa citada empresa dende hai varios anos. Mercadona doou en 2022 máis de 237 toneladas de alimentos e produtos, un 36 % máis que en 2021, a través da colaboración con máis de 17 entidades e comedores sociais, ademais das diferentes sedes do Banco de Alimentos e Cáritas da rexión, onde a compañía está presente.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Con este obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

Xunto á doazón de alimentos, Mercadona colabora con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social é a sostibilidade. Para iso, conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da economía circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico.

Dende o ano 2011 é socio do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de dereitos humanos, normas laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción.

Entrega da doazón ao Banco de Alimentos de CáceresEntrega da doazón ao Banco de Alimentos de Cáceres.