Caldos Hacendado de polo, cocido, verduras, peixe ou paella de marisco e fideuá listos para tomar e con ingredientes naturais.

Caldos Hacendado, sabor de sempre nas túas receitas

30 de xaneiro de 2018

Prepara de xeito sinxelo as receitas máis saborosas cos caldos de Mercadona, elaborados con produtos frescos e naturais: caldos de polo –ou de polo baixo en sal–, de vexetais, de cocido, de peixe ou de paella de marisco e fideuá, listos para tomares. Poderás cociñar en apenas uns instantes unha sopa quente en calquera momento do día ou elaborar as receitas de sempre en moito menos tempo. Non contén conservantes nin colorantes e están elaborados con aceite de oliva.

Caldo de Polo Hacendado

Caldo de Pollo Hacendado Mercadona

Ingredientes: Polo, allo porro, cenoria, pataca e apio.

Quentar e listo para tomares ou preparares deliciosos pratos de xeito doado e rápido. É ideal para sopas, pastas, arroces ou cremas.

Tamén podes encontrar o mesmo caldo con menos sal. Non contén glute, ovo nin lactosa.

Caldo de Vexetais Hacendado

Caldo de Verduras Hacendado Merccadona

Ingredientes: Apio, cebola, cogumelo, espinacas, allo porro, tomate e cenoria.

Caldo de vexetais, 100% vexetal, sen glute, sen ovo nin lactosa, perfecto para preparar receitas de arroces, cremas, cocer legumes… ou tomar unha taza de caldo ao instante.

Caldo de Cocido Hacendado

Caldo de Cocido Hacendado Mercadona

Ingredientes: Garavanzos, carne de bovino, cenoria e porro.

Caldo de Cocido, sen glute nin ovo. Elaborado cos ingredientes naturais do tradicional caldo de cocido. Listo para tomares ou para elaborares pratos de xeito rápido con todo o sabor de sempre e sen necesidade de investires tempo na cociña. É ideal para potenciar pratos como os guisos de carne, de legumes, pastas ou arroces.

Caldo de Peixe Hacendado

Caldo de Pescado Hacendado Mercadona

Ingredientes: Lumbrigante, gambas e bacallau.

Caldo listo para tomares ou elaborares pratos de xeito rápido, con todo o sabor do peixe e do marisco. O mar no teu prato nun instante para cociñar sopas ou bullabesas, caldeirada, suquets ou arroces.

Caldo de Paella de marisco e Fideuá con rustrido Hacendado

Caldo de Paella de marisco y Fideuá con sofrito Hacendado Mercadona

Ingredientes: Gamba vermella, mexillóns, azafrán e rustrido de cebola, allo e tomate.

Con este caldo obterás unhas paellas ou fideuás de peixe e marisco moi saborosas de xeito moi rápido, xa que contén todo o sabor da cociña mariñeira e incorpora o rustrido de tomate, cebola e allo. Non contén glute, ovo nin lactosa.

Ideas para preparares os Caldos de Hacendado

  • Consomé: verte o caldo nun cazo ou recipiente apto e quéntao, quer no lume quer no microondas. Pódelo servir directamente ou acompañado de anacos de polo, ovo, xamón ou carochos.
  • Sopa: pon o caldo a ferver e engade os ingredientes que máis che gusten (pasta, arroz, vexetais, etc.), e continúa coa cocción o tempo que requiran os ingredientes empregados.
  • Guisos: substitúe a auga polo caldo Hacendado en todos os teus pratos para potenciares o seu sabor.

Outras Recomendacións:

Tamén che recomendamos o Lasañas e Canelóns, só quentar e servir!