Bolsa de pataca de Áraba nun andel de Mercadona.

Mercadona compra 236.000 quilos de pataca de Áraba, un 96% máis que a campaña anterior

19 de maio de 2017
  • Na súa aposta pola froita e os vexetais de proximidade, a pataca de Áraba, con Euskolabel e do fornecedor Udapa S. Coop., vendeuse nas súas tendas de Euskadi e Navarra entre setembro e abril. 

A aposta de Mercadona polos produtos frescos e, concretamente, pola froita e os vexetais de proximidade, provocou que a cadea de supermercados teña comprado 236.000 quilos de pataca de Áraba con Euskolabel durante esta campaña, o que supón un incremento de máis dun 96% respecto da campaña anterior. A pataca, do fornecedor arabés Udapa S. Coop, vendeuse nos seus supermercados de Euskadi e Navarra entre setembro de 2016 e abril de 2017, datas de duración da campaña.

En 2016 Mercadona comprou máis de 124.000 toneladas de patacas de procedencia nacional, un 8% máis que na campaña anterior. Máis do 80% do total das patacas que comercializa Mercadona son de orixe nacional, froito da colaboración con máis de 500 produtores locais de rexións como Euskadi, Castela e León, Murcia, Castela-A Mancha, Andalucía, Baleares e Canarias.

Durante o pasado ano a compañía e os seus interfornecedores continuaron a fortalecer o desenvolvemento da Cadea Agroalimentaria Sustentable de Mercadona (CASPOPDONA) da man dos sectores agrícola, pesqueiro e gandeiro co obxectivo de reforzar e poñer en valor o sector primario. En Euskadi, para alén dos 236.000 quilos de pataca de Áraba durante a última campaña, mercáronse máis de 3.900 toneladas de peixe fresco (pescada, bonito, bocarte, sardiña, xurelo, xarda, mexete, e meiga), quer na costa biscaíña quer na guipuscoana, e máis de 40.000 quilos de kiwi.

Mercadona mantén relación comercial con 1.240 pemes vascas e en 2016 realizou compras a fornecedores vascos por valor de 370 millóns de euros, o que supuxo un incremento do 17% respecto do ano anterior. Do mesmo xeito, xunto cos seus fabricantes interfornecedores, investiu 66,6 millóns de euros en Euskadi.

Mercadona en Euskadi

Mercadona mantén a súa aposta decidida por Euskadi, onde xa conta con 13 tendas (5 situadas en Vitoria-Gasteiz, 3 en Bilbao e 1 en Barakaldo, Basauri, Eibar, Irun e Oiartzun), e un cadro de persoal de 691 persoas con emprego estable e de calidade.

Desde agosto de 2015 está a construír un bloque loxístico en Vitoria-Gasteiz cuxa primera fase, que prevé finalizar en 2017, suporá o investimento de 50 millóns de euros e a creación de máis de 100 postos de traballo.

Dentro da súa responsabilidade social corporativa, doou 166,8 toneladas de produtos de primeira necesidade grazas á súa colaboración cos Bancos de Alimentos de Áraba, Biscaia e Guipúscoa, co comedor social Nuestra Señora de los Desamparados en Vitoria-Gasteiz e coas Hermanitas de los Pobres de Bilbao e de Vitoria-Gasteiz.