Cartel en castelán do conto

Celíacos de Cataluña e Mercadona presentan un conto para lles explicar a celiaquía aos máis cativos

14 de febreiro de 2018
  • A Asociación de Celíacos de Cataluña, en colaboración con Mercadona, editaron un novo conto para lles explicar aos máis cativos que é a celiaquía.

O libro La pandilla celíaca (conto en castelán) ten como obxectivo ofrecer un material divulgativo, co que os pais e nais de crianzas celíacas lles poidan explicar aos seus fillos como convivir coa celiaquía ao longo da súa vida, cunha linguaxe adaptada ao público infantil, cargado de ilustracións para o volver máis comprensible e divertido para os máis cativos. A experiencia dos catro protagonistas Ona, Lluc, Estel e Oriol, axuda a coñecer e mais a entender mellor a doenza e como esta pode afectar na convivencia cotiá da nena ou do neno celíaco.

Nesta primeira edición do novo libro imprimíronse 3.000 exemplares que serán entregados ás nenas e nenos que acudan á Asociación Celíacos de Cataluña na procura de asesoramento.

A relación de Mercadona co colectivo celíaco iniciouse hai máis de 16 anos como resposta ás necesidades e peticións realizadas polos nosos clientes celíacos e mais as súas familias. Froito desta necesidade e da colaboración con todas e cada unha das asociacións de celíacos de toda España, Mercadona non só se ten comprometido a ofrecer unha ampla variedade de produtos sen glute coas máximas garantías de seguridade alimentaria e de calidade, que actualmente ascende ao redor de 1.200 referencias, senón que tamén fomenta iniciativas formativas e divulgativas co propósito de axudar a coñecer e a comprender mellor a celiaquía.

Todo isto co compromiso de axudar, mediante as accións divulgativas e formativas realizadas por todas as asociacións de celíacos e mais Mercadona, a un mellor coñecemento da doenza e para mellorar a calidade de vida das persoas con celiaquía.

Que é a celiaquía ou doenza celíaca?

O glute é unha das proteínas presentes nos cereais: trigo, orxo, centeo, espelta, kamut®, triticale e nalgunhas variedades de avea. A celiaquía ou doenza celíaca é un trastorno sistémico de base autoinmune presente en individuos xeneticamente predispostos que, inducido pola inxesta, provoca a atrofia das pilosidades do intestino delgado, ao impedir a correcta absorción dos nutrientes dos alimentos. O único tratamento eficaz é unha dieta sen glute, que se debe seguir durante toda a vida de xeito estrito, cos compoñentes persoais e sociais que isto supón.

Texto en castelán.

 

La pandilla celiaca

Descargar