Pormenor da entrada aos supermercados do novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona.

As Palmas - Mercadona inaugura o seu novo Modelo de Tenda Eficiente en Canarias, no C.C. Siete Palmas

23 de marzo de 2017
  • Esta tenda reabre após unha reforma integral cun investimento total de 1,4  millóns de euros coa participación de 60 fornecedores, que deron emprego a máis de 130 persoas durante a fase de reforma.
  • Este novo supermercado, completamente conectado tecnoloxicamente, presenta un deseño e unhas seccións totalmente renovadas que melloran a experiencia total de compra dos clientes, cun aforro enerxético de até un 40% respecto dunha tenda tradicional.

Mercadona reabre hoxe un supermercado no CC Siete Palmas (As Palmas de Gran Canaria), concretamente na Avda. Siete Palmas, s/n, após unha reforma integral para o adaptar ao novo Modelo de Tenda Eficiente da compañía, cun investimento total de 1,4 millóns de euros e a participación de 60 fornecedores que deron emprego a 130 persoas durante a fase de reforma. O novo supermercado presenta un novo deseño que mellora a distribución, a decoración e a disposición de todas as seccións co obxectivo de mellorar e optimizar a experiencia de compra dos seus "Xefes", como a compañía denomina internamente os seus clientes.

A nova tenda eficiente de Mercadona en Canarias conta cunha superficie de sala de vendas de 1.597 metros cadrados e dispón dun deseño totalmente renovado respecto do anterior modelo de tenda con novas cores e materiais, quer na fachada exterior de acceso ao supermercado quer na distribución das distintas seccións. Aposta por amplos espazos diáfanos que facilitan a entrada de luz natural e as cores cálidas na delimitación dos diferentes ambientes. 

Novidades en todas as seccións

Ademais, presenta novidades en todas as seccións e delas benefícianse tanto os “Xefes” (clientes), como os traballadores, os fornecedores e a sociedade. Por exemplo, dispón dunha nova entrada con duplo acristalado que evita as correntes de aire, andeis específicos para o leite fresco e para os zumes refrixerados, dun novo punto de acabado para a carne, dunha góndola central na perfumería para a cosmética especializada, dunha nova exposición na peixería para os produtos de cuncha e dunha máquina para obter o zume de laranxa acabado de espremer, entre outras novidades.

Este novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona tamén procura ofrecer un mellor servizo para facilitar a compra dos clientes mediante a ampliación dos corredores da froita e dos vexetais, un novo modelo de cesta da compra e dous modelos de carros, moito máis ergonómicos e lixeiros.

Para alén diso, co obxectivo de facilitar as tarefas cotiás dos traballadores, este novo supermercado inclúe múltiples medidas para mellorar a ergonomía e eliminar os sobreesforzos. Para o deseño do novo moble de caixa, Mercadona contou coa colaboración do Instituto de Biomecánica de Valencia. Dispón, tamén, de zonas comúns para que os empregados gocen dunha maior comodidade nos seus momentos de lecer, así como dunha zona comedor máis equipada e duns armarios persoais máis amplos e cómodos.

Aforro enerxético e xestión totalmente informatizada: tenda eco-eficiente

A nivel medioambiental, tomáronse medidas que permiten reducir até nun 40% o consumo enerxético respecto do modelo de tenda convencional, por mor da mellora do illamento térmico e acústico, optimizando os materiais e o grosor de paredes e teitos e con novas arcas de conxelado máis eficientes enerxeticamente e respectuosas co medio ambiente. Ademais, conta cun sistema de iluminación LED automatizado que se regula segundo as zonas e os momentos do día, para unha xestión enerxética moito máis eficiente. 

Do mesmo xeito, este Novo Modelo de Tenda de Mercadona, completamente conectada tecnoloxicamente, integra unha serie de dispositivos electrónicos e ferramentas colaborativas para os traballadores, cos que poderen compartir información desde calquera sección da tenda, facilitando a autoxestión de cada supermercado e axilizando os procesos de toda a cadea. Entre os novos dispositivos encóntranse, entre outros, a liña de caixas, as balanzas ou o uso de tabletas electrónicas que sustitúen o papel para realizar as xestións administrativas. Todo isto permite optimizar os procesos e coñecer a xestión da tenda en tempo real, facilitando a toma de decisións e contribuíndo a unha maior axilidade, especialmente, na xestión dos produtos frescos. 

O horario de abertura do supermercado é de luns a sábado, de 10h00 a 22h00, e dispón dun aparcadoiro de 1.500 prazas no Centro Comercial para facilitar a compra a todos os clientes que se movan en vehículo privado. Alén diso, Mercadona habilitou o seu servizo a domicilio e a compra online a través da páxina web.

Con esta nova abertura, os clientes de Mercadona beneficiaranse da súa coñecida política comercial S.P.B. (Sempre Prezos Baixos), que a compañía emprega de forma exclusiva e que consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade, de xeito permanente. Grazas a iso, Mercadona pode ofrecerlles aos seus clientes unha variedade eficaz, con independencia de quen fabrique o produto, coa máxima calidade e ao mínimo prezo posible.

Mercadona ten previsto para o exercicio 2017 investir 180 millóns de euros en reformar e renovar con este Novo Modelo de Tenda Eficiente 126 tendas repartidas por toda España, así como investir 5 millóns de euros en I+D+i en novas melloras informáticas. 

Mercadona en Canarias

A compañía pechou o 2016 con 84 supermercados nas Canarias e cun cadro de persoal de 4.261 persoas, con emprego estable e de calidade. As compras aos fornecedores canarios creceron até os 494 millóns de euros, un 6% máis que no 2015.

O investimento conxunto de Mercadona e dos seus Interfornecedores en Canarias no 2016 foi de 25,2 millóns de euros.